Volver

XXIX edición do Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez López

O concello de Paradela convoca unha nova edición deste certame de narrativa e de poesía cos obxectivos de honrar o fillo ilustre do municipio que lle dá nome ao premio e de ofrecerlles ás persoas con vocación literaria unha canle para dar a coñecer a súa obra.

Na modalidade de narrativa os relatos terán unha extensión máxima de vinte páxinas, mecanografadas a dobre espazo, e sen mínimo.

Na convocatoria de poesía as obras terán unha extensión máxima de 100 versos.

Haberá unha “Modalidade especial Camiño de Santiago”.

O prazo de entrega finalizará o 30 de novembro de 2023.

As obras enviadas deberán ser orixinais e non premiadas en ningún outro concurso.

Forma de envío

Enviarase un único exemplar, sen sinatura e cun lema ao seguinte enderezo:

CONCELLO DE PARADELA

Certame literario (Modalidade Poesía / Narrativa / Especial Camiño de Santiago)

Rúa Cabaleiros de Santiago, nº 15. 27611 Paradela (Lugo)

En sobre á parte e pechado, constará o lema e, no interior do mesmo, nome e apelidos do autor, DNI, domicilio, teléfono, lugar de residencia e declaración formal de que a obra se axusta ás normas. Abriranse só os sobres dos traballos premiados.

Se as obras se remiten por correo electrónico á conta oix.paradela@eidolocal.es, deberán enviarse nun único correo: dous arquivos pdf (un co contido da obra e outro co lema que distinga o traballo), ademais do nome e apelidos do autor/a, DNI ou pasaporte, domicilio, teléfono, lugar de residencia e declaración formal de que a obra se axusta ás normas contidas na base nº II. Os arquivos pdf referenciarán da seguinte forma: “Título da obra” e “Datos persoais ou plica”.