Volver

Con barqueira e remador

 IV Obradoiro Internacional de Tradución Poética

 Obradoiro de tradución coordinado pola poeta e dinamizadora Yolanda Castaño co patrocinio da Consellería de Cultura e Educación a través das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura e mais do concello de Redondela.

Con barqueira e remador reúne do 19 ao 24 de outubro en San Simón poetas e tradutores de diversos países de Europa e de Asia para participaren nunha experiencia de intercambio lingüístico e literario. Durante a súa estadía na illa, os autores participantes traducirán os seus traballos a linguas coma o persa, o ucraíno, o xaponés, o catalán e o macedonio, ademais de ao galego. De volta ás súas comunidades, darán a coñecer estes textos en cadanseu idioma.

Nesta IV edición, o programa inclúe tres recitais poéticos multilingües abertos ao público e con entrada de balde.