Volver

Concurso "Andersen hoxe"

Con ocasión do Día Internacional do Libro Infantil, a OEPLI e as súas seccións -Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Català del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT) e Galtzagorri Elkartea-, co patrocinio de Educación, Cultura e Deporte convoca o concurso "Andersen hoxe"

O concurso está dirixido a lectores e lectoras que estean a cursar primaria ou o primeiro ciclo de secundaria a través do seu centro docente ou dende a biblioteca.

Os centros docentes e bibliotecas deberán seleccionar un máximo de tres traballos por categoría e entregalos antes do día 2 de abril.