Espiñas nas rosas: escritoras incómodas

26/04/2022 Volver

Ánxela Lema París (Universidade da Coruña e investigadora visitante da ADHUC-Universidade de Barcelona) coordina unha nova edición do ciclo Non só Rosalía de Castro.

Co título "Espiñas nas rosas: escritoras incómodas", o seminario analizará tres escritoras galegas contemporáneas que romperon coa percepción da escrita feminina no ámbito literario galego. Así, Ana Garrido González (GENIA-Uniwersytet Warszawski) afondará en Xohana Torres e na súa novela Adiós María. Katarzyna Moszscyńska-Dürst (GENIA-Uniwersytet Warszawski) analizará a narrativa de ciencia ficción de María Reimóndez. E Ánxela Lema estudará a obra poética de Andrea Nunes Brións.

Presentado por Mariola Pietrak (Uniwersytet Marii Curie-Skłodowskie).

Actividade organizada por Estudis Gallecs e ADHUC-Centro de Investigación en Teoría, Xénero, Sexualidade da Universidade de Barcelona.

Terá lugar o 26 de abril, de 17.30 h a 19.00 h, na sala 1.5 do Edificio Josep Carner.