A Academia Xacobea, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza en Ribadeo as XVII Xornadas Xacobeas “Mar por Medio”.

02/08/2022 Volver

A vila de Ribadeo acollerá os días 16, 17 e 18 de setembro as XVII Xornadas Xacobeas "Mar por medio". O seminario está organizado pola Academia Xacobea, en colaboración coa Xunta de Galicia, a USC, a Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo.

Ao longo dos tres días levaranse a cabo conferencias, mesas redondas, unha exposición sobre a Ruta Xacobea e interpretacións musicais. Todas as actividades estará relacionadas coa difusión e coñecemento do Camiño de Santiago.

Nas xornadas estará presente o prestixioso hispanista británico Jhon Rutherford, coñecido difusor da lingua e cultura galega e do Camiño de Santiago. Canda el estarán presentes diferentes personalidades do ámbito universitario, a comunicación, a cultura, a igrexa, a administración e da propia Academia.

A inscrición para as persoas interesadas en acudir ás xornadas estará aberta no web da Academia Xacobea www.academiaxacobea.gal a partir do 20 de agosto.