Xa non teño medo!

15/05/2018 Volver

O Centro de Estudos Galegos de Kiel celebra as Letras Galegas traballando un conto poético de María Victoria Moreno.

O alumnado do Curso de galego avanzado II traballará a biografía e a personalidade da autora a quen se lle dedica o 17 de maio este 2018 e fará unha análise e unha tradución ao alemán do seu relato "Xa non teño medo!", pertencente á obra Eu conto, ti cantas. O Día das Letras Galegas farase unha lectura teatralizada bilingüe do dito conto para alumnado e profesorado do Seminario de Linguas Románicas da Universidade de Kiel.

Data:17 de maio

Hora: 12:00 h.

Lugar: Aula 101 - Romanisches Seminar