XI Xornadas Martín Sarmiento

26/02/2019 Volver

11 de marzo, Día do Galego no Bierzo

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora coa Comisión Cultural Martín Sarmiento e coa Junta de Castilla y León na organización das XI Xornadas Martín Sarmiento, que se celebrarán en Corullón e en Vilafranca do Bierzo o vindeiro 11 de marzo no marco do Programa de promoción da lingua galega no Bierzo e en Sanabria e mais do encontro anual doscentros de ensino do galego nesta área galegofalante que suma máis de 1000 alumnos e alumnas no ano escolar en curso.

Programa de actos

Primeira sesión: Corullón

9,30 h. Chegada dos buses desde os centros participantes á Praza maior de Corullón.
Itinerario didáctico: intercambio escolar dos IES do Bierzo, un itinerario didáctico por Corullón. Están presentes a totalidade dos alumnos/as do Programa de Promoción de SECUNDARIA dos centros:

  • IES Padre Sarmiento (Vilafranca)
  • IES Bergidum Flavium (Cacabelos)
  • IES Europa (Ponferrada)
  • IES Virgen de la Encina. (Ponferrada)
  • Alumnos/a Galego da EOI de Ponferrada

12,00  h. Intervención das autoridades presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León. Presentación da IIª Edición dos Premios Morales aos centros presentes.

13,00 h. Rolda de prensa e reunión de traballo no Salón de plenos de Corullón.

Segunda sesión: Vilafranca do Bierzo

11,00h . Apertura dos intercambios de primaria. Teatro Vilafranquino.
Intervención das autoridades presentes do Consello Comarcal, da Xunta de Galicia e da Junta Castilla y León. Presentación da IIª Edición dos Premios Morales aos centros presentes.


11,15. Enredando con Pakolas, actuación musical de Paco Cerdeira subvencionada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellaría de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.

Asisten alumnos/as dos centros de primaria:

 

  • CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca
  • CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos
  • CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada
  • CEIP Compostilla de Ponferrada
  • CEIP Jesús Maestro de Ponferrada
  • CEIP San Ildefonso de Camponaraia
  • CEIP Virgen del Carmen de Ponferrada
  • CEIP Toral de Merallo
  • CEIP M.L.Ucieda de Toral de los Vados
  • CRA Carucedo
  • CRA de Cubillos do Sil
  • CRA Jimena Muñiz de Corullón
  • CRA Puente de Domingo Flórez
  • Colexio Divina Pastora de Vilafranca