Tan negra por elección

12/05/2021 Volver

'Tan negra por elección. A voz indómita de Xela Arias' é o título do evento telemático organizado polos lectorados de galego da Universitat de Barcelona e da Universitat Autònoma de Barcelona.

Contará coa participación da escritora e académica Ana Romaní e da poeta e investigadora catalá Maria Isern Ordeig, quen foi a tradutora dunha plaquette editada entre a UB e a editorial Chan da Pólvora con poemas de Xela Arias en versión galego/catalán. Moderará o encontro Helena González.

Data e hora: 27 de maio ás 19:00 h.