VII Día da Galiza en Braga

12/03/2019 Volver

O Centro de Estudos Galegos UMinho - Ilchceg da Universidade do Minho, xunto co alumnado de Literatura e Cultura Galegas da Universidade do Minho e o Mosteiro de Tibães, organiza a VII edición do Día da Galiza en Braga. O evento, de entrada gratuita, persegue reforzar lazos entre galegos e portugueses, focalizando as semellanzas culturais entre o Minho e Galicia.

As actividades do Día da Galiza en Braga inclúen a actuación musical do grupo galego Lagharteiras, um workshop de danza tradicional galega, un coloquio sobre o Entroido cos professores Carlos Pazos e Pablo Jablonski, así como exposicións de vídeos sobre o tema e unha degustación de produtos típicos destas festas. Tamén se levarán a cabo xogos tradicionais galegos e portugueses para todas as idades e unha sesión de fotografías coas máscaras de Entroido para quen quixer ter unha lembranza deste día especial.

16 de marzo

14:30 h - 19:00 h

Mosteiro de Tibães