Volver

#ACULTURASEGUE

Nabiza Girl. Isabel Martínez-Risco

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Catro pezas inspiradas no espectáculo teatral homónimo de Isabel Martínez-Risco. Nelas podermos seguir as aventuras de Nabiza Girl, superheroína da terra que se adapta ao mar coma unha parrocha e alterego de Chelo García Naveira. De paso, coñeceremos recunchos engaiolantes do patrimonio rural e artístico galego.

Nabiza Girl e o bicho I

Acabar coa covid-19 é misión para Nabiza Girl. Ela sabe como facelo: non hai bicho que sobreviva á tríada de sulfato de contacto, sistémico e penetrante.

Nabiza Girl e o bicho II

Chelo García Naveira transfórmase en Nabiza Girl e amósanos as vantaxes do seu traxe de superheroína, que a levará voando a Betanzos, A Coruña e Vigo para combater o escornavirus.

As aventuras de Nabiza Girl e a ola máxica

O crime non descansa e ultimamente os marcos teñen máis movemento que bailando reguetón. Está claro que aquí hai unha misión para Nabiza Girl, quen, de paso, tamén terá que ocuparse de defender a esencia do caldo galego. E despois, aínda que o crime non descanse, Nabiza Girl si terá que tomar un respiro nun balneario...

Nabiza Girl e a antigüidade

Tras visitar as Superavoas de Yoseba Murazábal e os Hórreos de Parada, Nabiza Girl chega ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro, onde participa nun obradoiro de tecido prehistórico, aprende a usar armas neolíticas e percibe a enerxía dos petróglifos.