Volver

#ACULTURASEGUE

Estela, coidadora do Camiño. No majors

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Webserie dirixida a público de tres a nove anos. Unha parella de peregrinos novos e algo despistados percorre o Camiño de Santiago. Nas distintas etapas vai atopando personaxes do imaxinario máxico galego que lle poñen diversos atrancos para desvialos da súa ruta, pero os viaxeiros saen sempre con ben grazas á intervención dunha nena, Estela, e o seu can, que exercen de gardas e coidadores do Camiño.

A xacia

Na Fonte de Eirín, dous peregrinos atopan unha xacia que os enreda co seu canto. Menos mal que chegan Estela e o seu can Santi para desencantalos...

O lobisón

Aos peregrinos botóuselles a noite enriba na Carballeira do Malato, onde temen atopar un lobishome. Por sorte, Estela está alí para espililos e que cheguen axiña ao albergue.

A galiña cos pitos

No Castro da Croa, os peregrinos quedan engaiolados por unha galiña con pitiños de ouro. Se non chega Estela para que bulan, quedan alí todo o día intentando atrapalos.

A Moura

Os peregrinos chegan a unha mámoa onde vive unha moura que os adormece cos seus cantos. Quedarían alí para sempre se non fose pola gardiá do Camiño.

A Santa Compaña

O can Santi salva os peregrinos de colleren a candea que lles ofrecía a Santa Compaña. Menos mal que a escorrentou, porque se non terían que camiñar eternamente encadeados á Estadea.

O tardo

Os peregrinos queren empezar a xornada, pero un non atopa as botas e outro ten os amallós todos enleados... Estela explícalles que todo é culpa do tardo e móstralles como teñen que actuar para se desfaceren del.