Volver

Os Bolechas presentan... Un Nadal máxico

Trucos, feitizos e moita maxia, Os Bolechas regresan polo Nadal co seu espectáculo para levar a ilusión aos fogares galegos. Coa axuda do supermago Danubio e do público, a aprendiz Loli intentará facer os mellores trucos de maxia e transportará a cativada a un universo de ilusión onde todo é posible, mesmo facer desaparecer algún dos seus irmáns. Será a maga Loli capaz de traer de volta os seus irmáns coa súa variña máxica?

Abracadabra, vide a descubrir o poder da maxia a:

  • Ramirás, 15 de decembro: Salón de actos do Picouto ás 12:00 h
  • Vimianzo, 22 de decembro: Auditorio da Casa da Cultura ás 18:00 h
  • Ribadavia, 23 de decembro: Auditorio da Casa da Cultura ás 18:00 h
  • A Rúa, 27 de decembro: Centro Cultural Avenida ás 18:30 h
  • Sanxenxo, 28 de decembro: Auditorio Emilia Pardo Bazán ás 17:00 h
  • Abadín, 29 de decembro: Auditorio da Casa do Concello ás 17:00 h
  • Trazo, 30 de decembro: Centro Social Polivalente ás 17:00 h
  • Cambados, 4 de xaneiro: Salón de Congresos José Peña ás 18:00 h
  • Boqueixón, 5 de xaneiro: Casa da Cultura ás 17:00 h
  • Foz, 7 de xaneiro: Sala Bahía ás 12:00 h