Volver

FALAREDES 2020

Roque Roquiño descobre o Camiño

Despois do éxito de Mai Mai, Baobab Teatro volve ao FalaRedes da man do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 cun espectáculo teatral, de contos e de títeres, dirixido a público infantil (nenos e nenas de 1 a 8 anos) e protagonizado polo muppet Roque e a actriz Andrea Bayer.

  • Roque Roquiño. Detalle do cartel

    Roque Roquiño. Detalle do cartel

Andrea acaba de facer o Camiño de Santiago e está emocionada con toda a xente que coñeceu e o moito que lle aprendeu: xogos de mans, cantigas, poemas... e contos, moitos contos e historias que se contan no Camiño e que Andrea vén disposta a compartir con Roque.

 

       Axenda de FalaRedes 2020. Roque Roquiño                                                        
Data e hora Lugar Concello Provincia
 15 de agosto, ás 12:00 horas Museo do Mar Vigo Pontevedra 
 5 de setembro, ás 12:00 horas Cidade da Cultura Santiago de Compostela A Coruña
 25 de setembro, ás 20:00 horas Praza do Pazo de Mos. Fundación Pazo de Mos  Mos Pontevedra
 31 de outubro, ás 12:00 horas Fundación Eduardo Pondal Ponteceso A Coruña
 31 de outubro, ás 18:30 horas Casa Museo Rosalía de Castro Padrón A Coruña
 1 de novembro, ás 12:00 horas Casa da Cultura Amoeiro Ourense
 1 de novembro, ás 18:30 horas Salón Nobre - Liceo Ourense Ourense