Destacamos
Toponimízate 2019
Ponse en marcha un ano máis o programa de promoción da lingua galega Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. A acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia, e coordinarase desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
O galego campa 2019
Volve O galego campa!, o programa da Secretaría Xeral de Políltica Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado destinado a favorecer o uso do galego nos campamentos de verán da Xunta de Galicia e mais a facilitarlle ao monitorado formación e recursos para o desenvolvemento de dinámicas que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua, de acordo coas liñas de traballo que se establecen no Plan de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade 2019-2022. Este ano, faino coa colaboración da Secretaría Xeral da Igualdade no marco da campaña Nós contra a violencia, que se engloba no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.
O galego crea ambiente
A Secretaría Xeral de Política Lingüística volve poñer en marcha esta campaña de verán dirixida á mocidade no marco dos festivais adheridos á iniciativa FEST GALICIA
Festival Internacional Kerouac
A Secretaría Xeral de Política Lingüística apoia a celebración da cuarta edición en Nova York do festival Kerouac. que leva a poesía en galego ao outro lado do Atlántico
Lingua de namorar 2019
Xa se coñecen os gañadores de Lingua de namorar, do certame en liña de mensaxes de amor en lingua galega convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia. Dirixido a todos os mozos e mozas de 14 a 35 anos, o obxectivo principal destes premios é dinamizar o uso da lingua galega entre a xente nova nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na mensaxería instantánea.
Antonio Fraguas Fraguas
Antonio Fraguas naceu en Loureiro (Cerdedo-Cotobade) o 28 de decembro de 1905. Fillo de Manuel Fraguas Rodríguez e de María Teresa Fraguas Vázquez, foi rexistrado inicialmente cos dous apelidos da nai e só pasaría a apelidarse Fraguas Fraguas en 1912, cando o pai volveu do Brasil onde estaba emigrado desde meses antes do seu nacemento, casou coa nai e recoñeceu o fillo.
21 días co galego e +
21 días co galego e + é un programa impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como finalidade promover o uso do galego oral entre a xente nova.
Nadal en Rede 2018
O programa de dinamización lingüística Nadal en rede volve con máis actividades ca nunca para pechar 2018 e gozar das festas máis luminosas do ano con ocio en galego.