Destacamos
I Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes Kino Galicia
A asociación Kino Galicia, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebra no Centro de Arte Contemporánea de Santiago de Compostela, do 29 de outubro ao 3 de novembro, a I edición do Maratón Internacional de Creación de Curtametraxes que leva o seu nome.
Toponimízate 2018
Ponse en marcha unha nova edición do programa de promoción da lingua galega Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra. A acción enmárcase nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad, impulsados ambos os dous desde a Xunta de Galicia, e coordinarase por primeira vez desde a Real Academia Galega (RAG) en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Programa de Dinamización Lingüística FalaRedes 2018
Bota a andar unha nova edición do FalaRedes, o programa de dinamización do galego da Secretaría Xeral de Política Lingüística para os concellos da Rede de Dinamización Lingüística.
Programa de Dinamización Lingüística Redecinema 2018
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Secretaría Xeral de Cultura e coa Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) pon en marcha a terceira edición do programa de dinamización lingüística Redecinema
O galego campa 2018
Un verán máis, o programa de dinamización lingüística O galego campa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado chega aos campamentos de verán da Xunta de Galicia cos obxectivos de favorecer neles a actividade en galego e mais de facilitarlle ao monitorado formación e recursos para o desenvolvemento de dinámicas que animen os rapaces e rapazas a se expresar nesta lingua, de acordo coas liñas que se establecen no Plan de Dinamización da Lingua Galega na Mocidade actualmente en elaboración.
Nós tamén creamos! 2018
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, coa colaboración da Corporación Radio e Televisión de Galicia e de OQOeditora, resolveu un ano máis os Premios Nós tamén creamos! a curtas de animación en galego elaboradas no marco do programa de dinamización linguístidca homónimo.
Probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis celga 1, 2, 3 e 4
Convocatoria oficial para o ano 2018
XI Proxecto Didáctico Antonio Fraguas
O prazo de presentación de proxectos remata o 31 de maio de 2018
Día internacional da Lingua Materna
O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural. A Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística veñen sumándose nos últimos anos a esta celebración, contextualizándoa na nosa comunidade e orientándoa á promoción e transmisión da lingua galega.