Volver

Xogo de ‘escape’ sobre Xela Arias

Actividade do Centro de Estudos Galegos da Universidade Sorbonne Nouvelle de París.

Desde o CEG de París achégannos esta iniciativa en liña, accesible a todo o alumnado de todos os Centros de Estudos Galegos e a todo o alumnado das etapas escolares de primaria e secundaria de diferentes colexios. 

Un escape game centrado na figura de Xela Arias, a escritora galega homenaxeada co Día das Letras Galegas en 2021. Pódese acceder a el a través da web habilitada: https://cegaparis.wix.com/buscandoaxela.

Ademais, na zona de recursos atoparedes a biografía da poeta para poder descifrar, sen complicacións, as distintas preguntas que se presentan neste xogo: https://cegaparis.wix.com/buscandoaxela/recursos

Animádevos a xogar!