Volver

#ACULTURASEGUE

Cantos na maré 2003-2020. Vítor Belho

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Documental sobre a historia e traxectoria do festival internacional de música lusófona homónimo desde os seus inicios no ano 2004 ata hoxe. Un percorrido pola súa historia por medio de entrevistas e actuacións de músicos chegados de Cabo Verde, Angola, Portugal, Brasil, Mozambique, Guinea Bissau... para tender pontes con Galicia, sede do encontro.

Producido por Nordesía, Vítor Belho, Paco de Pin e Antonio Martínez, conta coa dirección artística de Uxía, a dirección musical de Paulo Borges e a dirección Cinemaré de Alfonso Pato.