Volver

Festival Kerouac

No mes das Letras Galegas, o festival Kerouac de poesía e performance, co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, celebra desde Nova York a súa quinta edición co seguinte programa:

Poetry like a Bridge

Evento en liña a través da plataforma Zoom que conectará as dúas beiras do atlántico da man de Luz Pichel, Marga do Val, Xiana Arias, Anna R. Figueirido, Oriana Méndez, Malvares de Moscoso e Iria Medraño. Celebrarase na plataforma Zoom o 5 de maio ás 14:00 hora de Nova York e ás 20:00 hora galega.

In Person. Poetry Fighters

Os xardíns da igrexa de St Mark acollerán o encontro de Nicolás Linares Sánchez, María Medín Doce, Carolina Sánchez, Nancy Mercado, Kirmen Uribe, Jani Rose e Penny Arcade. Conducirá o acto Marcos de la Fuente.

In person. Poetry Meets Performance

A NYC Arts Empire Gallery será o escenario, o sábado 8 de maio ás 18:00 horas, do terceiro e derradeiro evento da quinta edición neoiorquina do Festival Kerouac. Participarán Rolando Peña e Jorge Heilpern, Rebelene Suchilt e Helixx C. Armageddon.