Volver

#ACULTURASEGUE

Un día espectacular. Manuel Tarrío

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Este proxecto consta de tres ingredientes independentes e complementarios asemade: un concerto do grupo de rock Familia Caamagno, o videoclip dun dos temas incluídos no dito concerto e un documental ficcionado protagonizado polos membros da banda.

Concerto

Gravación dun concerto en directo en que Familia Caamagno interpretou as oito cancións do seu último disco: Había que intentalo.

Documental ficcionado

Nesta curta coñeceremos a verdadeira historia da Familia Caamagno. O que empeza como un documental vai derivando cara á ficción, o humor, a intriga e a morte máis cruel. Menos mal que ao fin está a música para lembrarnos que hoxe é "Un día espectacular".