Volver

#ACULTURASEGUE

Alí, un día... Fabaloba

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Estes seis videoclips de ilustración animada sobre cancións infantís, con letra orixinal de Fabaloba e música, tamén orixinal, do músico e mestre José Carballido, xiran arredor das distintas rutinas coas que se adoita traballar na etapa de educación infantil (saudar, xogar, recoller, xantar ou vestirse). Os temas musicais son interpretados polo grupo infantil A música das baleas, formado a partir do coro do CEIP de Caión, que foi un dos gañadores da pasada edición do certame de música infantil e xuvenil Quero Cantar da Deputación da Coruña.

Bo día

Unha canción para aprender a saudar e empezar o día con optimismo.

O amigo do embigo

As apertas e os amlgos son importantes, tal e como nos lembra este videoclip.

Imos recoller

Será moito máis doado ter o cuarto recollido ao son deste tema.

O brócoli non

Unha canción sobre alimentación saudable.

Burbullas

Os hábitos de hixiene son o asunto desta canción especialmente acaída para os que cantan na ducha.

Navegando nos teus soños

O día non remata ao pechares os ollos, senón que comezas outra vida navegando nos teus soños.