Volver

Xela Arias. A palabra esgazada

A Secretaría Xeral de Política Lingüística colaborou coa Real Academia Galega nesta serie documental en seis capítulos que nos achega á vida e á obra da autora das Letras Galegas 2021 coa guía das propias palabras da homenaxeada. 

A voz de Xela Arias escóitase nesta serie recitando os seus versos nas gravacións cedidas polo músico Fernando Abreu, con quen a poeta preparaba un espectáculo poético-musical no momento do seu pasamento en novembro de 2003.