Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 1. O galego e ti

Saúde o seu alumnado e preséntese: Ola, chámome…

Na primeira actividade da unidade, os seus alumnos e alumnas van ter a oportunidade de aprender diferentes maneiras de presentarse.

Polo momento, céntrese brevemente, apoiándose na fotografía da portada, na situación na que se atopan e nos elementos novos para eles e mais para elas.

Escriba no encerado as palabras: profesor/a, estudantes, aula e clase de galego, para que definan entre todos e todas o significado de cada palabra.

Presente, por último, os obxectivos da unidade e a tarefa final: coñecer os compañeiros e compañeiras da clase e facerlles recomendacións para aprender mellor o galego.