Volver

AULA DE GALEGO. LIBRO DO PROFESORADO

Unidade 11. Antes e agora

Mostre a foto da portadiña e pregúntelles aos seus alumnos e alumnas: Tendes fotos parecidas a estas na vosa casa? Quen sae nelas: vosos pais, vosos avós…?

Pídalles agora que se fixen no título da unidade e pregúntelles: Que diferenzas hai entre a foto do libro e unha foto dun grupo de amigos actual? Por último, informe brevemente dos obxectivos e da tarefa final da unidade: decidir cal foi a época máis interesante da historia.