Volver

LETRAS GALEGAS 2013

As miñas primeiras Letras Galegas: Roberto Vidal Bolaño

A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición do público infantil esta serie audiovisual dos Bolechas, baseada na colección de libros do mesmo título, sobre a vida e a obra dos principais autores galegos homenaxeados no Día das Letras Galegas.

Vídeo

De 8 minutos de duración e dirixidos a nenos de 8 a 9 anos, estes capítulos van máis alá da tradicional historia dos Bolechas para alcanzar a difusión da cultura e da literatura galegas, integrando relatos de autores galegos de renome.

En 2013 o Día das Letras Galegas estivo adicado a Roberto Vidal Bolaño. Nesta aventura dos Bolechas veremos unha adaptación de "Touporroutou da lúa e do sol". A función vai comezar!

Todos os vídeos