Volver

OS AXÓUXERES 2013

A chegada das casas

  • A chegada das casas

    A chegada das casas

Comezaron a chegar
casas de moitos lugares.
Comezaron a chegar,
eran pequenas e grandes.

Viaxou por África, polo Xapón,
por Londres, por Berlín.
Cruzou os mares e imaxinou
lugares que non coñecín.

Comezaron a chegar
casas de moitos lugares.
Comezaron a chegar,
eran pequenas e grandes.

De lonxe chegou unha voz prodixiosa
que cantaba as cancións máis fermosas.
Era Arabela no seu camerino
á que a xente aplaudía ao saír.

Comezaron a chegar
casas de moitos lugares.
Comezaron a chegar,
eran pequenas e grandes.

Na vella casa onde vivía Antón,
mirando á fronte, vía a xente pasar.
A luz do faro alumeaba o mar
e os mariñeiros ao navegar.

Comezaron a chegar
casas de moitos lugares.
Comezaron a chegar,
eran pequenas e grandes.