Volver

Canción e xogo do tren

  • Canción e xogo do tren

    Canción e xogo do tren

CANCIÓN

 

Imos de viaxe
Collemos a equipaxe, ao amencer
Non sei que hei de levar
Queremos ver a Pope
e como temos moita présa
Imos ter que coller o tren!
chucu, chucu, chucu, chucu,
chuuuuuuuuuu
Chegamos ao monte.
Plantas e bechos a esgalla para ver.
As flores xa as cheirei!
Queremos ver a Pope!
e como temos moita présa
Imos ter que coller o tren!
chucu, chucu, chucu, chucu,
chuuuuuuuuuu
Alí a quen topamos?
os vermes a pasear polo campo.
Dicimos moi alto:
Queremos ver a Pope!
e como temos moita présa
Imos ter que coller o tren!
chucu, chucu, chucu, chucu,
chuuuuuuuuuu
Chimpamos e cantamos!
Xogamos e a herba mol pisamos,
a berros fortes:
Queremos ver a Pope!
e como temos moita présa
Imos ter que coller o tren!
chucu, chucu, chucu, chucu,
chuuuuuuuuuu

 

XOGO

 

Danzamos en ringleira
Pasa, Perico,
pasa, Monteiro,
polas portas
dos carabineiros.
O de diante
corre moito.
O de atrás
aí quedará.