Volver

OS AXÓUXERES 2010

O Caderno do Avó

Un acontecemento feito para a xente miúda da casa. Unha actividade de lecer para toda a familia.

Unha hora de música, de xogos e de palabras que terá continuidade no Obradoiro dos Axóuxeres. Este ano, as Festas e os Encontros dos Axóuxeres fanlles unha homenaxe ás avoas e aos avós que, cos seus contos, xogos e cantigas, axudan os pais e as nais na tarefa de abrirlles aos bebés as portas da lingua e do mundo.

E despois das Festas e dos Encontros... apuntádevos aos Obradoiros dos Axóuxeres. Aloumiños, xestos e palabras para comunicar afectos.

Os Axóuxeres, unha experiencia para vivirmos en familia!