Volver

OS AXÓUXERES 2015

Voga Valente

  • Voga Valente

    Voga Valente

Quero levarte ao teu fogar,
nun acuario non te podo pechar.
Quero levarte de volta ao teu lar,
para un peixe non hai coma o mar.

Voga, valente, polo mar.

Quixen telo de compañía,
fóra do mar non dura tres días.
Quixen telo ao meu carón
descoidando o seu corazón.

Voga, valente, voga,
voga, valente, voga,
voga, valente, polo mar.

Con refachos e marusías
a miña barca navega este día.

Non hai nada que me poida parar
levareite ao teu fogar.

Voga, valente, polo mar.