Volver

OS AXÓUXERES 2015

Brinca do corpo

  • Brinca do corpo

    Brinca do corpo

Estreito o meu amigo cos brazos,
chouto chouto alto cos pés,
un, dous e... tres!
Saúdo a miúdo coas mans,
xiro, xiro o pescozo
tapo sen trapo os ollos,
baixo e subo cos xeonllos,
choco os cóbados e as mans.
Coma unha buxaina vira o tornocelo,
aquí está o meu amigo, que bó é velo!