Volver

#ACULTURASEGUE

A raposa, o lobo e a pereira con sete peras. Luís Iglesias "Luchi" e Carlos Quintá

Obra realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

 

 

 

 

Peza de teatro de monicreques recomendada para público familiar.

O punto de partida para esta peza é unha cantiga de tradición oral recollida no libro Músicas do Courel de Xosé Luis Foxo. Nun contexto humorístico e divertido, a raposa e o lobo vense envoltos nun conflito pola propiedade dunha pereira con sete peras, á que misteriosamente lle van desaparecendo os froitos un a un. Na peza teatral vense cuestionados os roles habituais que teñen a raposa e o lobo na cultura galega de tradición oral.