Volver

#ACULTURASEGUE

Don Gelati 3.0. Dani García

Obra realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Webserie de 6 episodios sobre maxia orientada a un público familiar, especialmente aos máis cativos e á terceira idade. En cada breve episodio ofrecerase un reto máxico para que as familias poidan participar desde a súa casa favorecendo a concentración, a atención e o pensamento diverxente.

EPISODIO 1

Desde o seu carriño, don Gelati axúdache a descubrir o teu xeado favorito grazas á maxia, pero ti tamén terás que participar a través da pantalla

EPISODIO 2

Neste truco vas precisar ter a man unha baralla de cartas vellas ou mesmo fabricar unha para poder seguir desde a casa os pasos de don Gelati

EPISODIO 3

Don Gelati xoga un dos seus xeados a cara ou cruz. Para poder seguir o truco terás que coller unhas moedas

EPISODIO 4

Ao mago non lle saen as contas do vendido no seu carriño de xeados e precisa que collas papel e lapis para axudalo cun truco matemático

EPISODIO 5

Para poder vender os seus xeados, don Gelati terá que ordenalos primeiro grazas a un truco de maxia que non falla

EPISODIO 6

Para rematar, un xogo con globos en que volverás participar desde a casa para que o mago adiviñe a túa elección