LETRAS GALEGAS 2010
As miñas primeiras Letras Galegas: Uxío Novoneyra
A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición do público infantil esta serie audiovisual dos Bolechas, baseada na colección de libros do mesmo título, sobre a vida e a obra dos principais autores galegos homenaxeados no Día das Letras Galegas.
Vídeo
De 8 minutos de duración e dirixidos a nenos de 8 a 9 anos, estes capítulos van máis alá da tradicional historia dos Bolechas para alcanzar a difusión da cultura e da literatura galegas, integrando relatos de autores galegos de renome.
En 2010 o Día das Letras Galegas estivo adicado a Uxío Novoneyra. Nesta aventura dos Bolechas vemos a Carlos Bolechas co pelo e a barba branca simulando ser o autor lugués.