Recursos para medrar en galego
Calendario científico escolar 2020
O Instituto de Ganadería de Montaña, centro mixto do CSIC e da Universidade de León, difunde este Calendario Científico Escolar 2020 para alumnado de primaria e de ESO.
40 aniversario da Constitución
Unidade didáctica promovida polas consellerías de Educación, Universidade e Formación Profesional e de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, con motivo do 40 aniversario da Constitución española.
Radio Picariña
Primeira canle dixital de música infantil e xuvenil da historia da Radio galega
As miñas primeiras Letras Galegas
A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición do público infantil esta serie audiovisual dos Bolechas, baseada na colección de libros do mesmo título, sobre a vida e a obra dos principais autores galegos homenaxeados no Día das Letras Galegas.
Nun mar azul
A asociación Familias Azuis, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, creou o videoclip Nun mar azul cuxo obxectivo é promover a diversidade en todos os ámbitos da vida, dende a diversidade lingüística ata a diversidade funcional.
Filmes gañadores dos OUFF Escola 2017
Traballos premiados no VIII Certame OUFF Escola, que organizan a Concellería de Cultura de Ourense e a Secretaría Xeral de Política Lingüística no marco do Festival de Cine Internacional de Ourense.