Recursos para medrar en galego
Canta cos Axóuxeres
Os Axóuxeres na TVG
Programa de dinamización lingüística orientado á transmisión interxeracional do galego Os Axóuxeres incluíu unha serie de televisión que emitiu a Televisión de Galicia e que aínda se pode ver no seu web.
Ides a ter un bebé!. Consellos e argumentos para os futuros pais
Os nove meses de xestación son unha etapa de cambios, de ilusión e, asemade, de certa inseguridade e inquedanza, porque intuídes que a chegada dun bebé cambiará as vosas vidas.
No colo da fala
Os primeiros xogos coas palabras son unha vivencia esencial da cultura que compartimos e unha maneira de aprender e de crear lazos de unión entre pais/nais e fillos/fillas. Coas palabras, coas cantarelas e cos enredos transmítense afectos, acougo para adormecer e motivación para espertar os sentidos. Tamén axudarán a iniciar de maneira lúdica o neno ou a nena na lingua galega, nos ritmos, na rima, na psicomotricidade. Velaquí tedes algúns xogos e cantigas para dicirlle con moito agarimo.