Recursos para traballar en galego
Colección de Vídeos Didácticos
Esta iniciativa xunta no seus obxectivos a posta en valor do saber e do talento científicos coa promoción da lingua galega na docencia virtual.
Nova Táboa periódica dos elementos
O grupo de innovación docente CienciaNOSA da Universidade de Santiago de Compostela (USC) publicou a nova versión en galego da Táboa periódica dos elementos, que recolle os novos elementos incorporados pola Internacional Union of Pure and Applied Chemistry (IUPAC)
Os apelidos en galego. Orientacións para a súa normalización
Manual xurdido da colaboración entre a Xunta -a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística e mais da Dirección Xeral de Xustiza- e o Seminario de Onomástica da Real Academia Galega, dirixido pola profesora e académica correspondente Ana Isabel Boullón.
TERGAL: Banco de termos galegos recomendados
Portal xurídico galego
En prol dun dereito na lingua propia de Galicia.
Baixo a denominación de 'Portal xurídico galego e base de datos de lexislación galega consolidada’, este recurso telemático recolle a totalidade da lexislación galega consolidada e comentada, desde a preautonomía á actualidade. Ademais das leis, o portal acolle tamén gran parte dos decretos do executivo galego e unha cantidade importante das ordes das consellerías.
Manuais de linguaxe xurídica e administrativa
A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon a disposición da cidadanía materiais para a formación en linguaxe xurídica e administrativa que poderán tanto servir de apoio ao alumnado dos cursos de linguaxes de especialidade como para a guía e autoformación de todas as persoas interesadas. O obxectivo último destes materiais é mellorar a calidade dos textos orais e escritos que emanan da Administración.
Na Universidade en galego con seguridade
Na Universidade en galego sen dúbida
Manual elaborado pola Área de Normalización Lingüística (ANL) da Universidade de Vigo co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.