Volver

‘O galego na BBC de Londres. 75 aniversario do Galician Programme

Volume coordinado por Afonso V. Monxardín con motivo do aniversario das históricas emisións radiofónicas.

A BBC de Londres tivo entre 1947 e 1956 un programa específico dirixido a Galicia e en galego, o “Galician Programme” impulsado por un produtor da Sección Española, o exiliado ourensán Alexandre M. Raimúndez. Así, a primeira vez que o noso idioma contou cunha programa regular de radio foi da man da emisora máis importante do mundo, a BBC. Dalgún xeito, a radio galega nace, pois, en Londres. Velaquí a súa historia, da que, ademais do propio Alexandre Raimúndez, formaron parte entre outros Plácido Castro, Leuter González Salgado, Felipe Fernández Armesto, Xosé Ramón Fernández-Oxea "Ben Cho Sey" ou Francisco Fernández del Riego.