Volver

Para a inclusión

Guía elaborada por Gálix e publicada co apoio da Xunta de Galicia.

Esta guía de recursos para a inclusión está dirixida a persoas que exercen o labor de mediación lectora -familias, persoal de bibliotecas e profesorado dos centros educativos- e é froito do esforzo dun grupo de traballo da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, GÁLIX, por dar a coñecer materiais e recursos que se presentan en galego, co fin de normalizar o uso da lingua propia de Galicia en todo tipo de condicións.

A obra está estruturada seguindo estes epígrafes:

  • Audiolibros
  • Libros con pictogramas
  • Libros de lectura fácil
  • Libros en braille
  • Libros de texto
  • Abecedarios, dicionarios visuais, libros duros, con bordes tallados, con textura, álbums ilustrados
  • Xogos e xoguetes
  • Libros sobre desigualdade e diversidade.