Volver

#ACULTURASEGUE

Obradoiros no Camiño. Paula Cantero Rey

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Guía que recompila a notable presenza de obradoiros artísticos e artesáns no contorno dos camiños a Santiago e na propia Cidade do Aóstolo. O traballo ten en conta, por unha banda, o importante atractivo cultural que representa o labor neles desenvolvido como mostra viva da tradición e, por outra, o seu carácter económico, fonte de ingresos para os propios artistas e artesáns, que conseguen asentarse e fixar a súa residencia nas nosas vilas e aldeas grazas ao seu traballo. Con esta publicación, escultores, ourives, tallistas, oleiros, cesteiros ou tecedores dispoñen dun medio de difusión e achegamento ao público, e, nun sentido máis amplo, enriquecen a experiencia do visitante que descobre Galicia, non só como destino turístico, senón tamén como unha terra de talento onde espíritos arraigados e mans bulideiras contribúen a vertebrar unha identidade en presente, mais apoiada na tradición.