Volver

Textos relixiosos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coas autoridades relixiosas galegas, iniciou co Oracional litúrxico e devocional da diocese de Ourense a publicación dunha serie de textos litúrxicos e relixiosos relevantes en versión galega actualizada. Estes materiais, aos que agora se suma a cuarta edición da Biblia en galego, contan con edición en papel e estarán accesibles no Portal da Lingua Galega para uso libre de cregos, docentes, catequistas, fieis e resto de cidadanía interesada. Trátase de materiais importantes para a normalización lingüística no ámbito da práctica relixiosa.