Volver

Ciencia en galego

Ciencia en galego

Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

  • Sonia Villapol Salgado

    Sonia Villapol Salgado

Como todos os anos, Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) propón dedicarlle o Mes da Ciencia a dous científicos, un estranxeiro e outro galego. O científico estranxeiro deste ano é Robert Koch, microbiólogo alemán, considerado un dos pais da bacterioloxia, que descubriu os bacilos da tuberculose e do cólera e foi premio Nobel de Medicina en 1905. Dado que a Asemblea das Nacións Unidas decidiu declarar 2020 "Ano internacional da sanidade vexetal", optouse por escoller como científico galego o profesor Ernesto Viéitez Cortizo, que se ocupou de fisioloxía vexetal.

O ano 2020 vén marcado tamén pola pandemia provocada polo cornaviurs, polo que a Secretaría Xeral de Política Lingüística e Igaciencia, en colaboración co Centro Autonómico de Formación e Innovación (CAFI) organizan para o 16 de novembro, ás 12:45 horas, o webinario Só a ciencia nos rescatará da pandemia, dirixido a alumnado de cuarto da ESO, de bacharelato e dos ciclos formativos da rama sanitaria de FP e mais ao seu profesorado. O dito webinario será impartido pola profesora Sonia Villapol Salgado, científica do Centro Médico de Texas (EEUU), que forma parte do equipo de invesigación internacional da covid-19. Os centros educativos poden inscribirse na páxina web de Igaciencia. A videoconferencia virtual irá seguida dun coloquio en que a científica galega responderá ás preguntas que enviará o alumnado dos centros educativos inscritos a través do chat. O relatorioi tamén pdoerá seguirse, sen necesidade de inscrición previa, a través da Canle de Youtube do CAFI.

Ademais desta actividade, nos centros educativos os equipos de dinamización da lingua galega traballan co seu alumnado en diferentes propostas  que se orientan a mostrar o valor da ciencia e da lingua galega para a súa creación e divulgación e as bibliotecas escolares súmanse á celebración co Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.