Volver

LETRAS GALEGAS 2016

Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004)

  • Exposición Manuel María. Beleza, amor e compromiso

    Exposición Manuel María. Beleza, amor e compromiso

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Fundación Manuel María, programa unha exposición divulgativa que mostra de xeito ameno e gráfico a traxectoria vital e literaria do autor homenaxeado o 17 de maio de 2016.

A exposición, comisariada pola Casa-Museo Manuel María, foi inaugurada na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés o día 5 de maio e permaneceu na cidade onde morreu o cantor da Terra Chá ata o día 17, en que se trasladou ao concello natal do poeta, Outeiro de Rei.

A partir de aí inicia un percorrido que a levará ao longo do ano a 13 bibliotecas e concellos da Rede de Dinamización Lingüística das catro provincias galegas. Deste xeito, ademais de nas localidades mencionadas, a mostra Manuel María. Beleza, amor e compromiso, poderá verse en Santiago de Compostela, Vilalba, Monforte de Lemos, Celanova, Lugo, Noia, Marín, Pontevedra, Ferrol, Vigo e Ourense.

Datas e espazos de itinerancia (do 2 de maio ao 18 de decembro de 2016)

  • A Coruña, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés, do 2 ao 16 de maio
  • Outeiro de Rei, na Casa da Cultura, do 17 ao 30 de maio
  • Vilalba, na Casa da Cultura, do 1 ao 15 de xuño
  • Santiago de Compostela, na Biblioteca Pública Ánxel Casal, do 17 de xuño ao 2 de xullo
  • Marín, no Museo Municipal Manuel Torres, do 5 ao 16 de xullo
  • Noia, na Casa da Cultura, do 18 de xullo ao 2 de agosto
  • Pontevedra, na Biblioteca Pública Antonio Odriozola, do 1 ao 14 de setembro
  • Vigo, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, do 16 setembro ao 2 de outubro
  • Monforte de Lemos, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, do 4 ao 17 de outubro
  • Lugo, na Biblioteca Pública, do 19 ao 31 de outubro
  • Ferrol, na Biblioteca Pública, do 3 ao 15 de novembro
  • Ourense, no Ateneo, do 17 ao 30 de novembro
  • Celanova, Casa dos Poetas, 2 ao 18 de decembro