Volver

Guadi Galego. Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado. Madrid 21.02.2020

Euskadi, Cataluña, Galicia, Valencia, Navarra e Baleares conceden este galardón á artista galega polo seu último traballo discográfico multilingüe 'Immersion', integrado por músicas cantadas en sete linguas peninsulares.

O premio recoñece o labor realizado por persoas, entidades ou empresas no ámbito da defensa e a promoción da diversidade lingüística de España e enmárcase no Protocolo de colaboración en materia de política lingüística. Os seis gobernos conmemoraron conxuntamente o Día Internacional da Lingua Materna ofrecendo un concerto da artista galega.

Entrega do Premio á Promoción da Realidade Plurilingüe do Estado

Os gobernos autonómicos de Euskadi, Catalunya, Galicia, Comunitat Valenciana, Navarra e Illes Balears fixeron entrega do premio o Día Internacional da Lingua Materna 2020, 21 de febreiro, nun acto que se celebrou na sala Ramón Gómez de la Serna do Círculo de Bellas Artes de Madrid.

Para conmemorar a efeméride, os seis gobernos participantes no Protocolo de colaboración en materia de política lingüística ofreceron ese mesmo día un concerto da artista, a súa banda e colaboradores de Immersion en Callao City Lights.