Volver

O valor do portugués en Galicia

Estudo realizado polo Consello da Cultura Galega co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística arredor das competencias lingüísticas da poboación galega en idiomas estranxeiros en xeral e o portugués en particular, así como as actitudes cara a esta lingua e o interese que pode existir en aprender un novo idioma.

A publicación dá conta dos resultados dun estudo realizado en Galicia nos meses de xullo e agosto de 2019. Ofrece unha análise comparada do coñecemento do portugués e o doutras linguas estranxeiras entre a poboación de Galicia, así como da importancia e utilidade que se lles atribúe a unhas e a outras, as motivacións para interesarse por elas, as canles que se empregaron para coñecelas, o nivel que se adquiriu no seu dominio ou os ámbitos en que se empregan.