Volver

Textos relixiosos

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coa Diocese de Ourense e Teófilo Edicións, inicia con este Oracional litúrxico e devocional a publicación dunha serie de textos litúrxicos e relixiosos relevantes en versión galega actualizada. Estes materiais contarán con edición en papel e estarán accesibles no Portal da Lingua Galega para uso libre de cregos, docentes, catequistas, fieis e resto de cidadanía interesada. Trátase de materiais importantes para a normalización lingüística no ámbito da práctica relixiosa.