Volver

Informe anual do IGADI 2021-2022

Baixo o título Desorde pandémico, interdependencias e guerra, o Informe anual do IGADI achega as principais chaves da política internacional do pasado ano, 2021 e as perspectivas para o 2022. Os impactos da guerra Ruso/Ucraína, o alcance dos preitos que Rusia mantén nas súas fronteiras, a situación en China, a crise loxística do comercio mundial... Son algúns dos temas que analiza o informe.

A análise do acontecido nos últimos meses que fai o IGADI Annual Report (2021-2022) permite entender mellor o momento que vive o mundo coa Guerra da Ucraína e a resaca da pandemia da Covid-19 ao fondo. O documento desvela como no 2021-2022 se desatan as desordes fraguadas nas últimas décadas que levaron a por en tensión o sistema de regras da sociedade internacional, mesmo chegando a destapar o tabú nuclear.

O IAR 21-22 conta coa edición xeral de Daniel González Palau (Director IGADI) e Marola Padín (Vicedirectora IGADI) e a participación de investigadores asociadas, membros do Consello Científico da Revista Tempo Exterior e do Consello Reitor do IGADI.