Biblia en galego
A Editorial SEPT presentou en xullo de 2022 a cuarta edición da biblia en galego, revisada lingüisticamente. Esta edición conta co patrocinio da Xunta de Galicia, Xacobeo 21-22.
A primeira edición da Biblia en Galego de SEPT, unha tradución ao galego das linguas orixinais (hebreo, arameo e grego), publicouse en 1989. Logo houbo dúas edicións, en 1992 e 2001, pero esta última está esgotada. A edición presentada en 2022 é o resultado dunha revisión lingüística de acordo coas normas en vigor da Real Academia Galega.