Volver

Galiza e(m) nós

Estes "Estudos para a compreensão do relacionamento cultural galego-portugués" coordinados por C. Pazos-Justo, M. X. Botana Villar e G. André pretenden darlle espazo e visibilidade a autores e textos da Academia Portuguesa que se debruzaron sobre diferentes aspectos de Galicia.

Inclúen doce traballos de diferentes perspectivas e áreas académicas que traducen a pluralidade de intereses, motivacions ou camiños vencellados a Galicia no Portugal das últimas décadas.