Volver

Informe anual do IGADI 2023-2024

“Eleccións e Guerras perfilando a multipolaridade” é o título do IGADI Annual Report 2023-2024, que achega as principais chaves da política internacional do pasado ano, 2023 e as perspectivas para o 2024.

O IAR 23-24 conta coa edición xeral de Daniel González Palau (Director IGADI) e Marola Padín (Vicedirectora IGADI e Directora adxunta do Observatorio de la Política China) e a participación de investigadores asociados, membros do Consello Científico da Revista Tempo Exterior e do Consello Reitor do IGADI.

Asinan artigos Serafín Pazos Vidal, Diego Sande Veiga, Raquel Isamara León de la Rosa, Christoph Schreinmoser, Andrea Mila, Xosé Veiras, Marcelo Javier de los Reyes, Alberto Trillo Barca, Jared D. Larson e Marta Álvarez.