Volver

Seminario sobre educación da NPLD: tecnoloxías dixitais, modelos lingüísticos e integración inmigrante

O secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García, participou en Bruxelas no Seminario sobre educación Tecnoloxías Dixitais, Modelos Lingüísticos e Integración Inmigrante incluído nos actos do Comité Executivo da Rede Europea para a Promoción da Diversidade Lingüística (NPLD, nas súas siglas en inglés). O evento celebrouse na sede da Fundación Galicia Europa. Valentín García expuxo neste foro a experiencia do programa escolar de dinamización lingüística '21 días co Galego e +' que o departamento que dirixe promove en centros de ensino secundario desde 2018.