Volver

Unidade didáctica Ricardo Carvalho Calero

Centro: Escolas Católicas (Ferega-Ceca)
Curso: 2019/2020

Esta unidade didáctica sobre o conto As pitas baixo a chúvia será moi útil para que o profesorado de primaria se achegue dun xeito ameno á figura e ao legado literario do autor homenaxeado o Día das Letras Galegas. Alén da súa biografía e dun glosario sobre o relato, o traballo inclúe moitas e variadas actividades destinadas especialmente a alumnado de 5.º e 6.º, sen esquecermos exercicios específicos para escolares con NEAE. Parabéns ás autoras!